A Melancolía de Pinkflower

Temas de interese e videos graciosos ademáis de temas relacionados coa miña cidade: Vigo

A Coruña sen Metro, Vigo tamén.

domingo 12 outubro 2008

Achéganse as eleccións galegas. Todos o sabemos porque os políticos encárganse de lembrárnolo día tras día. Achéganse as eleccións e agora apúranse os proxectos, ou siléncianse outros. Un deses proxectos silenciados é o estudio de viabilidade dos metros nas cidades de Vigo e A Coruña; unha conta pendente de ZP dende o seu programa eleitoral do 2004.

Pois non hai metro. Estudiouse a inviabilidade do metro na Coruña e polo tanto xa non haberá metro en Vigo. Os "sociolistos" non queren que despois da enorme perda de votos que teñen na Coruña, véxase a construcción dun metro en Vigo como agravio cara esta cidade. Cómo podemos describir esta decisión? Pois eu diría algo así como... " De pura vergoña". Os avances das cidades non poden medirse en función dos avances das cidades veciñas, porque senón non habería cidades grandes. Dende logo Vigo merece máis, máis que politicuchos que toman decisións en función dos fins electorais. Qué dirá o alcalde disto? De seguro que calará, como adoita calar con todo.

Un metro en Vigo podería favorecer as conexións coa futura área metropolitana de Vigo, facer que todo estivese a un paso, aforrar tempo, tráfico e contaminación e tamén por qué non evitar que nun futuro isto si se vexa viable e polo tanto teñamos outros 10 anos a cidade levantada en obras.

En definitiva... unha vergonza.

Cando a casa se infesta (celtismo out)

domingo 15 xuño 2008

Hai casas que son vellas. Ás veces rehabilitámolas e parecen novas. Psamos momentos felices nelas e sentímonos ben. Ben acollidos, ilusionados, felices...

Sen embargo as casas ás veces inféstanse de cucarachas, ratos, polillas, termitas... Podemos dicir que algo parecido lle pasou ao celta. Prometíamos ser felices, facer unha reforma por unha casa que xa tiña os cementos medio corroídos e cando se fixo a reforma entraron os bichos. Eses ratos, cucarachas, esas polillas e termitas que foron corroendo á nosa casa e que a encheron de algo que os celtistas, os celestes nin recoñecemos nin nos fai sentir ben. E cando a casa se infesta de presidentes inútiles, xogadores mercenarios e demáis vividores, ás veces tamén afectamos aos veciños, que son felices nos seus fogares e que espera de nós que poñamos fin aos nosos problemas para poder solucionar algúns dos seus.  E así o celta mandou ao Ferrol a 2ª división B. Cunha casa infestada de seres inmundos que nen mereden o seu soldo nen merecen un ápice de confianza dos qu somos celestes de verdade.

Hoxe péchase unha temporada nefasta para os galegos. Hoxe os vigueses sentímonos menos orgullosos que nunca e hoxe os celestes sentímonos menos parte deste "proxecto" cheo de parásitos que nunca.

Sen máis, só pido reflexión, dimisións e sentido común. Isto non é a nosa casa porque as plagas acabaron con ela.

Celta e a calma de antes da tempestade

luns 05 maio 2008

Eu non me podo crer que Vigo estea tan tranquilo tendo en conta a situación do noso celta. Estou enfadadísima. Qué hai que facer para que a xente chegue a Balaídos e espere a este presidente a pañolada limpa e ovada sucia?.  Creo que xa está ben de aguantar a quen chegou metendo mierda contra unha directiva que polo menos nos levou a Europa (aínda que tampouco foran santo da miña devoción), botando a xogadores que sudaban a camisola e ao personal histórico, que sentía as cores deste clube. Xa vai sendo hora de dicir que BASTA XA! a quen cada domingo se rí dende o seu palco acolchado de Balaídos duha afeción que sofre de ver ao seu club dirixido por millonarios estúpidos. Vai sendo hora de devolvernos a nós, aos celtistas o fútbol, o espectáculo e non o circo que está montado no campo. É hora, de que o Celta volva ser a insignia de Vigo e o orgullo dos vigueses.

O presidente do celta é un impresentable que ao único que veu a Vigo foi a xogar ao Monopoli co noso clube. Habería que dicirlle que os experimentos fanse en casa e con gaseosa. O obxectivo deste ano (e sempre segundo este desdentado mexicano) era o ascenso. Única e exclusivamente o ascenso. E agora qué Sr. Presidente? Sen ascenso e a 6 puntos do descenso que pensa facer? Seguir amargándonos a vida aos celtistas que o somos de corazón e non de billetera?

Por non falar deste marabilloso adestrador! Pero de onde saiu ese tío. Que se vaia a adestrar ao clube de futbol dun colexio, porque esta liga venlle grande. E xa non digo máis dos xogadores mercenarios que hoxe notábase de máis que estaban primados porque foi das poucas veces que se lles viu correr até o final. 

Vergonza allea deste celtiña que se inventaron entre o mariachi e a sua filla.

Unha mira cara atrás, e é inevitable pensar nos cabreos monumentais que cada afeccionado do celta se pillaba por ver ao seu celta perder a oportunidade un ano máis de entrar en champions, ou a tristura de perder nos cuartos de final a oportunidade de gañar a UEFA. E Esa unha, pensa que tempos pasados, dende logo e sen ningunha dúbida foron mellores, moito mellores. E síntese mal por terse enfadado neses momentos, porque polo menos podía saír a rúa coa camisola do Celta, ben orgullosa de lucila, porque era o mellor fútbol de Europa. Agora saio á rua con esa camisola, orgullosa de ser celeste, pero coa vergoña de quen vé como xogan ás casitas co seu equipo unha panda de descerebrados e inútiles. Tal vez habería que dicirlles, que o Celta, non é unha gasolinera...

A verdade é que sentía a necesidade de expresar o meu enfado monumental, e só me queda dicir que MOURIÑO DEMISIÓN!!!

Un saudo

I'm fucking Matt Damon, Ben Affleck e Miki Nadal

mércores 02 abril 2008

A verdade é que este vídeo paréceme divertido. Xa me gustaría a min ver a eses actores estirados que hai no Estado tipo Penélope Cruz facer un video así. 
Poñámonos en situación: Sarah Silverman é a humorista moza dun presentados de late night en EE.UU Jimmi Kimmel (o Buenafuente estadounidense). O día do asniversario do seu programa a sua moza presentouse no seu programa con este video para contarlle un segredo que até o momento era inconfesable.
Xulguen vostedes mesmos

E como non podía ser doutra forma, o presentador vingouse contando un segredo aínda máis inconfesable:



Pero se hai alguén divertido e que non se corta un pelo ese é Miki Nadal que xunto con Martina Klein fixeron esta divertida parodia:



Espero que vos gusten, e aquí debaixo déixovos os enlaces por se non os vedes ben:
www.youtube.com/watch
www.youtube.com/watch
www.youtube.com/watch

Hala Celta!

luns 31 marzo 2008

Bueno, aínda que este ano o celta non nos dea alegrías, pois os celtistas nacimos sufridores e aquí seguimos esperando que dunha vez por todas poidamos desfrutar de algo. Así que aquí vos deixo un video que a min fíxome moita gracia e que me puxo os pelos de punta, pero que ademáis lémbrame moito aos capítulos que teño visto nos bares de Vigo máis dunha vez coa xente discutindo sobre o resultado da quiniela.

Pois nada, os celtistas desfrutádeo e o resto desfrutádeo tamén porque a rivalidade é boa pero tamén ten que ser sana, a fin de contas todos somos galegos.

Por se hai problemas para ver o video déixovos o enlace:
www.youtube.com/watch

Chiki Chiki

xoves 20 marzo 2008

Dada a Audiencia que nos últimos anos tivo Eurovisión en España, a min non me parece mal que este personaxe chamado Rodolfo Chikilicuatre vaia a darlle un pouco de coña a este concurso que ao meu entender é do máis rancio que queda no mundo. 

Esta canción, está sendo parodiada por distintas persoas. Eu déixovos aquí, a versión que máis me gustou a min, unha versión feita polos xogadores do Guild Wars.



E a orixinal para Eurovisión:

O alcalde de Murcia continúa coa sua ofensiva

mércores 12 marzo 2008

O Alcalde de Murcia segue empeñado en augar as festas a Vigo. Despois de queixarse nos últimos días da elección da Cidade candidata á Universíada fora inxusta e partidista, agora vai recurrir ante a Federación Internacional de Deportes Universitarios a elección de Vigo como candidata.

Cámara, que se fartou de dicir nos últimos días que a sua ofensiva persoal nada tiña que ver coa cidade de Vigo, agora pensa perxudicar claramente á nosa cidade, pois o recurso pode perxudicar claramente a candidatura de Vigo se a FISU atopa indicios de que pode ter problemas en España se ao final esta cidade resulta vencedora.

Na miña opinión, o Alcalde de Murcia ten unha pataleta propia de quen se vía perdedora dun proceso que favorecía en proxectos, ideas e traballo a Vigo. Antes falaba de disputas partidistas entre Partido Popular e PSOE cando o proxecto é dun nacionalista. Do vigués Santiago Domínguez do BNG. Agora alega que o CSD favoreceu a Vigo porque en Murcia nas eleccións do 9 de marzo gañou o PP. Sen embargo o PP de Vigo apoia o proceso e celebra o triunfo de Vigo ante Murcia. 

Nada importa. O Alcalde de Murcia sabe gañar, pero ten que aprender a perder.

Os galegos e galegas temos que estar orgullosos de que se escollera Vigo, pois o turismo que atraerá esta cidade de seguro influirá positivamente nas grandes cidades como A Coruña, Santiago, Pontevedra, Ourense, Lugo ou Ferrol.

Todos coa Universíada, universíada escríbese con G de Galiza e V de Vigo.

Universíada Vigo 2013

martes 11 marzo 2008

Para a cidade de Vigo, xa é todo un éxito que o consello de Deportes elixa Vigo como representación para ser candidata á optar á celebración da universíada do 2013. Pero ese éxito non será nada comparable se ao fin sae elixida pola Federación Internacional de Deportes Universitarios. A universíada, traerá a Vigo investimentos que mudarán o concepto de cidade, con novas infrastructuras e unha visión moito máis ampla de cidade, e ademáis Vigo, gozará dun recoñecemento internacional, que sen dúbida porán á nosa cidade no sitio que merece. 

Vigo é unha das grandes cidades do Estado Español, e polo tanto debe estar á altura destas. Eventos como este dánlle unha oportunidade de ouro para estar na vangarda, para facerlle ver ao mundo que "Vigo existe"

Unha vez máis, os vigueses e viguesas podémonos sentir orgullosos da nosa cidade e de nós mesmos.

 
Adiante Vigo! Vigo 2013!

www.youtube.com/watch

www.youtube.com/watch