A Melancolía de Pinkflower

Temas de interese e videos graciosos ademáis de temas relacionados coa miña cidade: Vigo

Celta e a calma de antes da tempestade

luns 05 maio 2008

Eu non me podo crer que Vigo estea tan tranquilo tendo en conta a situación do noso celta. Estou enfadadísima. Qué hai que facer para que a xente chegue a Balaídos e espere a este presidente a pañolada limpa e ovada sucia?.  Creo que xa está ben de aguantar a quen chegou metendo mierda contra unha directiva que polo menos nos levou a Europa (aínda que tampouco foran santo da miña devoción), botando a xogadores que sudaban a camisola e ao personal histórico, que sentía as cores deste clube. Xa vai sendo hora de dicir que BASTA XA! a quen cada domingo se rí dende o seu palco acolchado de Balaídos duha afeción que sofre de ver ao seu club dirixido por millonarios estúpidos. Vai sendo hora de devolvernos a nós, aos celtistas o fútbol, o espectáculo e non o circo que está montado no campo. É hora, de que o Celta volva ser a insignia de Vigo e o orgullo dos vigueses.

O presidente do celta é un impresentable que ao único que veu a Vigo foi a xogar ao Monopoli co noso clube. Habería que dicirlle que os experimentos fanse en casa e con gaseosa. O obxectivo deste ano (e sempre segundo este desdentado mexicano) era o ascenso. Única e exclusivamente o ascenso. E agora qué Sr. Presidente? Sen ascenso e a 6 puntos do descenso que pensa facer? Seguir amargándonos a vida aos celtistas que o somos de corazón e non de billetera?

Por non falar deste marabilloso adestrador! Pero de onde saiu ese tío. Que se vaia a adestrar ao clube de futbol dun colexio, porque esta liga venlle grande. E xa non digo máis dos xogadores mercenarios que hoxe notábase de máis que estaban primados porque foi das poucas veces que se lles viu correr até o final. 

Vergonza allea deste celtiña que se inventaron entre o mariachi e a sua filla.

Unha mira cara atrás, e é inevitable pensar nos cabreos monumentais que cada afeccionado do celta se pillaba por ver ao seu celta perder a oportunidade un ano máis de entrar en champions, ou a tristura de perder nos cuartos de final a oportunidade de gañar a UEFA. E Esa unha, pensa que tempos pasados, dende logo e sen ningunha dúbida foron mellores, moito mellores. E síntese mal por terse enfadado neses momentos, porque polo menos podía saír a rúa coa camisola do Celta, ben orgullosa de lucila, porque era o mellor fútbol de Europa. Agora saio á rua con esa camisola, orgullosa de ser celeste, pero coa vergoña de quen vé como xogan ás casitas co seu equipo unha panda de descerebrados e inútiles. Tal vez habería que dicirlles, que o Celta, non é unha gasolinera...

A verdade é que sentía a necesidade de expresar o meu enfado monumental, e só me queda dicir que MOURIÑO DEMISIÓN!!!

Un saudo